SÁBADOS DE CINE EN BUEU

Tras dezaseis anos de percorrido, proxectando semanalmente as grandes películas da historia do cine, o Cineclub Bueu comeza unha nova etapa no seu camiño.

Neste ciclo que arranca cambiarase o formato e contido da programación, sendo a motivación principal o pasar a proxectar o cine máis actual e facelo accesible a un maior número de espectadores.

As películas seleccionadas viran avaladas polos premios recibidos nos festivais máis prestixiosos, sendo tamén das máis louvadas pola crítica internacional nos últimos anos. O espectador poderá acceder a un cine de calidade que non ten moita presenza nos circuítos comerciais.

As proxeccións serán mensuais, caendo sempre en sábado, e sempre que sexa posible cada película ofrecerase en dobre sesión, unha pola tarde en versión dobrada ao castelán -19:30- e outra pola noite en versión orixinal subtitulada -22.00-. As proxeccións terán lugar no Centro Social do Mar de Bueu. 

Para que este cine mensual se poida manter no tempo, necesita do apoio do público, polo que se dará a oportunidade de facerse socio/a a todos/as aqueles/as que o desexen.

A actividade comeza o sábado 3 de outubro coa película NADER E SIMIN, UNHA SEPARACIÓN (Asghar Farhadi, 2011, Irán). ¡Agardámosvos!

NADER E SIMIN, UNHA SEPARACIÓN
Para facerte socio/a ou recibir mensualmente a programación, podes contactar a través de:

Formulario de soci@

cineclubueu@gmail.com

— 669 830 773 —

facebook.com/cineclubueu

@cineclubueu

* Aquelas persoas que desexen formar parte do Cineclub Bueu nesta nova etapa e participar de forma máis activa en Sábados de Cine, só teñen que poñerse en contacto con nós, estaremos encantados de recibilos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s