PROGRAMACIÓN DE OUTUBRO: Cineclub Cangas

O cine no morrazo non para, vos deixamos a programación do Cineclub Cangas para o mes de outubro. Proxectan os venres as 21h. no Auditorio de Cangas.

2 de outubro – Los insólitos peces gato (México, 2013), de Claudia Sainte-Luce.

Festival de Toronto: Premio FIPRESCI (Discovery), Festival de Xixón: Premio Especial do Xurado, Festival de Mar de Plata: Mellor película latinoamericana, Festival de La Habana: Sección oficial óperas primas a concurso, Premios Ariel: Mellor coactuación femenina (Lisa Owen)

+ info Folleto Insólitos peixes gato _ Cineclub Cangas

16 de outubro – Mandarinas (Estonia, 2013), de Zaza Urushadze.

Premios Oscar: Nominada á Mellor película de fala non inglesa, Globos de Ouro: Nominada á Mellor película de fala non inglesa, Satellite Awards: Mellor película de fala non inglesa,

30 de outubro – Unha segunda nai (Brasil, 2013), de Anna Muylaert.

Premio do Xurado no Festival de Sundance, Festival de Berlín: Premio do Público (Sección Panorama), Premios Fénix: Nominada a Mejor actriz (Regina Casé)

www.facebook.com/cineclubcangas.xiria

Advertisements

XOVES 1 DE OUTUBRO: Presentación do Cineclub Bueu en Argo Navis #Tormentadepelículas

Queremos que ti sexas parte do Cineclube, por ese motivo este xoves presentamos na sede Argo Navis o noso proxecto. ¿Qué películas te gustaría ver en Bueu? Participa no #brainstorming e resolve calqueira dúbida acerca da nosa actividade. Te esperamos, a partir das 20:00. Subiremos un post cos resultados.

Programación completa de Argo Navis : OUTUBRO-Programación.

SÁBADO 3 DE OUTUBRO: Nader e Simin, unha separación – Asghar Farhadi (IRÁN, 2011)

TÍTULO ORIXINAL: 

Jodaeiye Nader az Simin (A Separation)

SINOPSE: 

Nader e Simin son un matrimonio iraniano cunha filla. Simin quere abandonar Irán en busca dunha vida mellor, pero Nader desexa quedar para coidar o seu pai, que ten Alzheimer. Ela pídelle o divorcio e múdase a vivir cos seus pais. Nader non ten máis remedio que contratar a unha muller que coide o seu pai. Unha neglixencia da asistenta provoca un conflito de grandes dimensións.

CRÍTICA:

Unha obra maestra de clase mundial. Wall Street Journal.

Os imprevisibles xiros argumentais, a atmosfera de ameaza e o tenro humanismode Farhadi converten esta película nunha obra absorbente, pero a súa forma de formular as preguntas fundamentais a confirma como unha obra mestra. El Periodico.

Un triunfo da cinematografía. Boston Globe.

Encadres de cámara sempre perfectos, diálogos esplendidamente dosificados e a credibilidade achegada polos actores converten a película nun envolvente, maxistral mosaico de emocións. La Vanguardia.

PREMIOS:

Mellor película no Festival de Berlín.

Oscar a mellor película de fala non inglesa.

Globo de Oro a mellor película de fala non inglesa.

Mellor película estranxeira Premios Cesar (Francia).

Mellor película estranxeira BAFTA (Reino Unido).

Mellor película estranxeira  David di Donatello (Italia).


Faite soci@ do Cineclub Bueu e colabora!