TÍTULO ORIXINAL: 

Jodaeiye Nader az Simin (A Separation)

SINOPSE: 

Nader e Simin son un matrimonio iraniano cunha filla. Simin quere abandonar Irán en busca dunha vida mellor, pero Nader desexa quedar para coidar o seu pai, que ten Alzheimer. Ela pídelle o divorcio e múdase a vivir cos seus pais. Nader non ten máis remedio que contratar a unha muller que coide o seu pai. Unha neglixencia da asistenta provoca un conflito de grandes dimensións.

CRÍTICA:

Unha obra maestra de clase mundial. Wall Street Journal.

Os imprevisibles xiros argumentais, a atmosfera de ameaza e o tenro humanismode Farhadi converten esta película nunha obra absorbente, pero a súa forma de formular as preguntas fundamentais a confirma como unha obra mestra. El Periodico.

Un triunfo da cinematografía. Boston Globe.

Encadres de cámara sempre perfectos, diálogos esplendidamente dosificados e a credibilidade achegada polos actores converten a película nun envolvente, maxistral mosaico de emocións. La Vanguardia.

PREMIOS:

Mellor película no Festival de Berlín.

Oscar a mellor película de fala non inglesa.

Globo de Oro a mellor película de fala non inglesa.

Mellor película estranxeira Premios Cesar (Francia).

Mellor película estranxeira BAFTA (Reino Unido).

Mellor película estranxeira  David di Donatello (Italia).


Faite soci@ do Cineclub Bueu e colabora!

Anuncios