SÁBADO 7 DE NOVEMBRO: A vida de Adèle – Abdellatif Kechiche (FRANCIA, 2013)

O filme francés “A vida de Adèle”, de Abdellatif Kechiche, gañador do festival de Cannes en 2013, será a nosa vindeira proxección. A película se pasará en dobre sesión (18:00 dobrada / 21:30 subtitulada) o sábado7 de novembro.

TÍTULO ORIXINAL: 

La vie d’Adèle – Chapitre 1 & 2 (Blue Is the Warmest Color)

SINOPSE: 

 Adèle (Adèle Exarchopoulos) ten quince anos e sabe que o normal é saír con mozos, pero ten dúbidas sobre a súa sexualidade. Unha noite coñece e namórase inesperadamente de Emma (Léa Seydoux), unha moza co pelo azul.

CRÍTICA:

La vida de Adèle foi aclamada pola crítica.

“Sobre la pantalla, simplemente un milagro”  El País.

“Una obra maestra intensamente erótica”  The Atlantic.

“Una experiencia cinematográfica descarnada, tristísima, conmovedora y memorable. Un peliculón” Cinemanía.

“Probablemente nunca se ha hecho una película que refleje con tanta física y química el amor y lo otro entre dos mujeres, y puede que valga la frase terminada entre dos personas”  ABC.

PREMIOS:

Cannes 2013: Palma de Ouro, Premio Fripesci.

Premios César: Mellor Actriz revelación (Adèle Exarchopoulos)

Premiada como mellor película do ano: American Film Critics, New York Film Critics, London Film Critics, Independent Spirit Awards, Premios Guldbagge,…

Nomeada a mellor película do ano: Globos de Ouro, Premios Cine Europeo, Premios Goya, Premios César, BAFTA, David di Donatello…

Advertisements

VENRES 30 DE OUTUBRO: Proxección de Unha segunda nai – Anna Muylaert (Brasil, 2015) no Cineclub Cangas

Dirección e guión: Anna Muylaert.

Intérpretes: Michel Joelsas, Karine Teles, Camila Márdila, Lourenço Mutarelli, Regina Casé.

Música: Fábio Trummer.

Fotografía: Bárbara Álvarez.

Duración: 110 min.

Sinopse:

Val pasou máis de 13 anos traballando na casa dunha familia rica de Sâo Paulo coidando da casa e criando o fillo dos seus xefes, que quere coma seu. Curiosamente Val mantén contacto esporádico coa súa familia ata que un día a súa filla avísalle por teléfono que vai facer a selectividade e que precisa que a acolla na cidade por uns días. Emocionada polo reencontro, Val faille sitio no seu cuarto e na súa vida, pero Jéssica ve doutro xeito ben diferente a vida da súa nai e a relación entre ambas vai ser conflictiva.

VENRES 16 DE OUTUBRO: Proxección de Mandarinas – Zaza Urushadze (Estonia, 2013) no Cineclub Cangas

Dirección e guión: Zaza Urushadze.

Intérpretes: Lembit Ulfsak, Elmo Nüganen,

Giorgi Nakashidze, Mikhail Meskhi.

Música: Niaz Diasamidze.

Fotografía: Rein Kotov.

Duración: 87 min.

SINOPSE

Ano 1990. Ivo, un home de orixe estoniana, decide quedar en Xeorxia, a diferenza dos seus compatriotas, para axudar ao seu amigo Margus coa colleita de mandarinas. Nos comezos do conflito pola independencia na provincia de Abjasia, Ivo atopa unha mañá un par de soldados feridos, de bandos opostos, ás portas da súa casa. Xunto a Margus, decide acollemos e coidar deles até a súa recuperación.

Venres, 16 de octubre ás 21 horas no Auditorio Cangas.

Máis info:

Folleto Mandarins 16-10-2015

http://cineclubcangas.blogspot.com.es/

www.facebook.com/cineclubcangas.xiria

Balance da #tormentadepelículas

Onte o Cineclub Bueu tivemos a ocasión de (auto)presentarnos en Argo Navis e de escoitar opinións e suxerencias de xente interesada no proxecto. Estivemos debatindo acerca da periodicidade do cineclub e algúns expresaron o seu desexo de que se amplíe a programación mensual. Dende a organización esperamos ir medrando e que dentro de pouco poidamos proxectar máis de unha película ao mes. Por outra parte, nos deron ideas para facer o cineclube máis participativo mediante papeletas de votación despois de cada película ou facer un pequeno ‘cineforum’ ao rematar cada sesión.

Tamén estivemos falando das dificultades de programar cine de calidade que sexa, á vez, do gusto do público. Os participantes no evento propuxeron un montón de películas que lles gustarían ver en Bueu, dende ás últimas películas gañadoras nos festivais de Sundance ou Cannes ata películas máis vanguardistas e comprometidas.

No cineclube tomamos boa nota de todas esas propostas e agardamos seguir mantendo un contacto directo cos nosos espectadores.

Recordade que maná ás 19:30 horas e as 22:00 horas proxectamos a primeira película dos ‘Sábados de cine’:

Nader e Simin, unha separación – Asghar Farhadi (IRÁN, 2011)

Agardámosvos no Centro Social do Mar de #bueu!