Dirección e guión: Anna Muylaert.

Intérpretes: Michel Joelsas, Karine Teles, Camila Márdila, Lourenço Mutarelli, Regina Casé.

Música: Fábio Trummer.

Fotografía: Bárbara Álvarez.

Duración: 110 min.

Sinopse:

Val pasou máis de 13 anos traballando na casa dunha familia rica de Sâo Paulo coidando da casa e criando o fillo dos seus xefes, que quere coma seu. Curiosamente Val mantén contacto esporádico coa súa familia ata que un día a súa filla avísalle por teléfono que vai facer a selectividade e que precisa que a acolla na cidade por uns días. Emocionada polo reencontro, Val faille sitio no seu cuarto e na súa vida, pero Jéssica ve doutro xeito ben diferente a vida da súa nai e a relación entre ambas vai ser conflictiva.

Anuncios