ESPECIAL CINE DE NADAL / MÉRCORES 30 DE DECEMBRO: A CANCIÓN DO MAR, de Tomm Moore (Irlanda, 2014)

O Cineclub Bueu quere rematar o ano con bo sabor de boca e facendo unha homenaxe aos máis peques da casa neste mes de novembro, por iso proxectamos o mércores 30 de decembro ás 16:30 en primeira sesión e 18:30 en segunda.

A canción do mar foi nomeada aos Oscar a Mellor Película de Animación e premiada en numerosos festivais como mellor película de animación do ano.

SINOPSE:

Despois da desaparición da súa nai, Ben e Saoirse son enviados a vivir coa súa avoa á cidade. Cando deciden volver á súa casa xunto ao mar, a súa viaxe convértese nunha carreira contra o tempo a medida que se internan nun mundo que Ben só coñece a través das lendas que lle narraba a súa nai. Pero este non é un conto para durmir; estas criaturas levan no noso mundo demasiado tempo. Ben pronto se dá conta de que Saoirse será a clave para a súa supervivencia.

 

 

CRÍTICA:

“Una de las películas de animación más bellas jamás hechas” / Indiwire.

“Maravilloso filme artesanal, poético, bello, delicado, puro. Apta, no, obligatoria, para todas las edades” / La Razón.

“Ofrece algunas de las secuencias más bellas del cine reciente, animado o no” / Cinemanía

“La obra maestra de la temporada” / New York Post

“Uno de los dibujos de animación más ricos, melancólicos y tiernos de los últimos tiempos” / Fotogramas

 

Advertisements

ESTE NADAL, REGALA CINE DA MAN DE CINECLUB BUEU

Recordámosvos que se estas navidades queres regalar cultura a alguén especial, dende o cineclube animámoste a regalar un ano de cine!

O bono é canxeable por un carnet de soci@ válido durante un ano e acceso ao sistema de préstamo! Está a venda en Argo Navis (Montero Rios, 57) e tamén te podes pór en contacto con nós a través de Facebook ou correo electrónico cineclubueu@gmail.com.

 

VENRES 11 DE DECEMBRO: Proxección de Leviatán – Andrei Zvyagintsev (Rusia, 2014) no Cineclub Cangas

Velaquí  vos deixamos información da derradeira película do ano 2015 do Cineclub Cangas, Leviatán (Andrei Zvyagintsev, 2014), unha película polémica en Rusia a pesar de que foi proposta para os Óscar.

O venres 11 de decembro ás 21 horas no Auditorio de Cangas.

+ info

Páxina no Cineclub Cangas

Folleto Leviatán 11-12-2015