SÁBADO 20 DE FEBREIRO: Documental ‘Frankenstein 04155’

No Cineclub Bueu queremos apostar polo cine de autor e galego e tamén por outros xéneros, como o documental. Por iso, vos convidamos este sábado 20 de febreiro a presentación do documental ‘Frankenstein 04155’, contaremos coa presencia do seu director, Aitor Rei,e faremos un pequeño forum ao rematar. Será o sábado 20 de febreiro ás 20:00 no Centro Social do Mar nunha única sesión e co prezo de entrada habitual do Cineclub. Agardámosvos!

SINOPSE

O 24 de xullo de 2013 o tren Alvia 04155 descarrilaba na entrada de Santiago de Compostela cun saldo de 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Mais unha traxedia nunca ten unha única causa… ¿Que hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia española?

CRÍTICAS 

“Militante, riguroso  e emotivo, este documental de investigación denuncia con gran firmeza ética a instrumentalización da traxedia do tren Alvia 04155 de Santiago de Compostela.”

(Gonzalo de Pedro Amatria,  europa.otroscines.com)

PREMIOS

2015: Festival Internacional de Valladolid – Seminci: Mención especial

+ info na sua web oficial: www.frankenstein04155.com

 

Advertisements

PRÓXIMAS PROXECIÓNS: FEBREIRO – MARZO

 

PRÓXIMAS PROXECCIÓNS:

Sábado 20 de febreiro: documental Frankenstein 04155 coa presencia do seu director Aitor Rei.

O 24 de xullo do 2013 o tren Alvia 04155 descarrilaba na entrada de Santiago de Compostela cun saldo de 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Pero unha traxedia nunca ten unha única causa… ¿Qué hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia española?

www.frankenstein04155.com

Sábado 5 de marzo: Paulina (de Santiago Mitre, Arxentina 2015)

Pincha aquí para ver o trailer

SÁBADO 6 DE FEBREIRO: Timbuktu (Abderrahmane Sissako, Mauritania 2014)

Recordade que este sábado 6 de febreiro tedes unha nova cita no Cineclube Bueu coa proxección da multipremiada Timbuktu (Abderrahmane Sissako, Mauritania 2014), como de costume en dous pases:

19:00h versión dobrada

22:00h versión orixinal subtitulada

SINOPSE: 

Os alrededores de Timbuctú caíron en mans de extremistas relixiosos. Kidane vive tranquilamente nas dunas coa súa esposa Satima, a súa filla Toya e Issam, un neno pastor de 12 anos. Na cidade, os habitantes padecen o réxime de terror imposto polos xihadistas: prohibido escoitar música, rir, fumar e mesmo xogar ao fútbol. As mulleres convertéronse en sombras que tentan resistir con dignidade. Cada día, uns tribunais improvisados lanzan sentencias tan absurdas como tráxicas. O caos que reina en Tombuctú non parece afectar a Kidane até o día en que debe enfrontarse ás leis impostas polos ocupantes estranxeiros.

NA PRENSA

“Unha obra mestra” (Le Parisien)

“Emocionante na súa simplicidade” Salvador Llopart (Diario La Vanguardia)

“Pura poesía” (Metro)

“Impactante… unha desas películas política e humanamente necesarias” L. Martínez (El Mundo)

“Construída con enorme emoción, flutúa entre a esperanza e a desesperacion” Peter

PREMIOS

Festival de Cannes 2014: competición oficial, Premio François Calais, Premio do Xurado Ecuménico

Oscars 2015: candidata á mellor longametraxe de fala non inglesa

7 Premios César da academia francesa 2014: mellor película, mellor director, mellor guión orixinal, mellor fotografía, mellor montaxe, mellor banda sonora, mellor son, candidata a mellor decorado.

Círculo de críticos de Nova York 2015: mellor película estranxeira

Festival de Chicago 2014: mellor director