Recordade que este sábado 6 de febreiro tedes unha nova cita no Cineclube Bueu coa proxección da multipremiada Timbuktu (Abderrahmane Sissako, Mauritania 2014), como de costume en dous pases:

19:00h versión dobrada

22:00h versión orixinal subtitulada

SINOPSE: 

Os alrededores de Timbuctú caíron en mans de extremistas relixiosos. Kidane vive tranquilamente nas dunas coa súa esposa Satima, a súa filla Toya e Issam, un neno pastor de 12 anos. Na cidade, os habitantes padecen o réxime de terror imposto polos xihadistas: prohibido escoitar música, rir, fumar e mesmo xogar ao fútbol. As mulleres convertéronse en sombras que tentan resistir con dignidade. Cada día, uns tribunais improvisados lanzan sentencias tan absurdas como tráxicas. O caos que reina en Tombuctú non parece afectar a Kidane até o día en que debe enfrontarse ás leis impostas polos ocupantes estranxeiros.

NA PRENSA

“Unha obra mestra” (Le Parisien)

“Emocionante na súa simplicidade” Salvador Llopart (Diario La Vanguardia)

“Pura poesía” (Metro)

“Impactante… unha desas películas política e humanamente necesarias” L. Martínez (El Mundo)

“Construída con enorme emoción, flutúa entre a esperanza e a desesperacion” Peter

PREMIOS

Festival de Cannes 2014: competición oficial, Premio François Calais, Premio do Xurado Ecuménico

Oscars 2015: candidata á mellor longametraxe de fala non inglesa

7 Premios César da academia francesa 2014: mellor película, mellor director, mellor guión orixinal, mellor fotografía, mellor montaxe, mellor banda sonora, mellor son, candidata a mellor decorado.

Círculo de críticos de Nova York 2015: mellor película estranxeira

Festival de Chicago 2014: mellor director

Anuncios