No Cineclub Bueu queremos apostar polo cine de autor e galego e tamén por outros xéneros, como o documental. Por iso, vos convidamos este sábado 20 de febreiro a presentación do documental ‘Frankenstein 04155’, contaremos coa presencia do seu director, Aitor Rei,e faremos un pequeño forum ao rematar. Será o sábado 20 de febreiro ás 20:00 no Centro Social do Mar nunha única sesión e co prezo de entrada habitual do Cineclub. Agardámosvos!

SINOPSE

O 24 de xullo de 2013 o tren Alvia 04155 descarrilaba na entrada de Santiago de Compostela cun saldo de 81 falecidos e máis de 140 feridos. A verdade oficial sinala como único responsable ao maquinista. Mais unha traxedia nunca ten unha única causa… ¿Que hai detrás do accidente ferroviario máis grave da democracia española?

CRÍTICAS 

“Militante, riguroso  e emotivo, este documental de investigación denuncia con gran firmeza ética a instrumentalización da traxedia do tren Alvia 04155 de Santiago de Compostela.”

(Gonzalo de Pedro Amatria,  europa.otroscines.com)

PREMIOS

2015: Festival Internacional de Valladolid – Seminci: Mención especial

+ info na sua web oficial: www.frankenstein04155.com

 

Anuncios