SÁBADO 2 DE ABRIL: ‘Gett: El divorcio de Viviane Amsalem’ – Ronit Elkabetz, Shlomi Elkabetz – Israel, 2014

Continuamos coa programación dos ‘Sábados de Cine’ no Cineclub Bueu. Esta vez programamos a película israelí ‘Gett: El divorcio de Viviane Amsalem’. Como de costume en dous pases:

19:30h (versión dobrada ao castelán) 

22:00h  (versión original subtitulada)

SINOPSE: 

Viviane Amsalem, separada desde hai anos de Elisha, o seu marido, quere conseguir o divorcio para non converterse nunha marxinada social. En Israel non existe aínda o matrimonio civil; segundo as leis relixiosas, só o marido pode conceder o divorcio. Con todo, Elisha, négase a facelo. Viviane terá que loitar ante o Tribunal Rabínico para lograr o que ela considera un dereito. Así se verá inmersa nun proceso de varios anos no que a traxedia competirá co absurdo e absolutamente todo se poñerá en cuestión.

PREMIOS

2014: Globos de Ouro: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa
2014: Satellite Awards: Nomeada a Mellor película de fala non inglesa
2014: National Board of Review: Mellores películas estranxeiras do ano

CRÍTICAS 
“Interesantísima (…) sobre todo, a película é unha reflexión sobre a dignidade e a incomprensión.”
Javier Ocaña: Diario El País
“Os Elkabetz logran un apreciable exercicio de estilo (…) Cinema de denuncia algo obvio pero de impecable execución. (…)”
Jordi Batlle Caminal: Diario A Vangarda
“Un par de xiros da trama ameazan con sobrecargar o drama, pero, en xeral, este divorcio é máis apaixonante que moitos xuízos de asasinato (…) ”
Farran Smith Nehme: New York Post

“Unha narración moi comprimida e cunhas interpretacións exquisitas sobre dúas persoas que non deberían estar xuntas e que funciona como unha saga xudicial que, en termos da historia, dura máis que moitos matrimonios. ”
Michael Phillips: Chicago Tribune

Advertisements

SÁBADO 5 DE MARZO: ‘Paulina’ – Santiago Mitre (Argentina) 2015

Este sábado 5 de marzo tedes unha nova cita no Cineclube Bueu coa proxección da multipremiada Paulina (Santiago Mitre – Arxentina, 2015), como de costume en dous pases:

19:30h 

22:00h 

(Versión original en español nos dous pases)

PAULINA_IMAXE

Título orixinal: La Patota

Director: Santiago Mitre

SINOPSE

¿Quebrantarías a lei para atopar xustiza? Paulina é unha avogada nova de Bos Aires, cunha carreira brillante por diante, que decide volver á súa ciudade natal para adicarse ao activismo social e dar clases de “formación democrática e difusión de dereitos” na escola da zona periférica máis marcada pola pobreza e a marxinalidade. O seu pai, Fernando é o progresista xuíz de localidade quen, porén, non está de acordo coa decisión da súa filla. Unhas semanas despois é atacada por unha patota, un grupo de delincuentes. Ante a mirada atónita de quen a rodea, e contra a vontade do seu pai, Paulina decide volver traballar na escola, no barrio donde foi atacada, sen sospeitar que os seus atacantes están máis preto do que imaxina.  Paulina (La Potota no seu título orixinal) é un remake do clásico do cine arxentino do mesmo nome, dirixido por Daniel Tinayre e protagonizado por Mirtha Legrand en 1961.

PREMIOS

2015 Festival de Cannes: Grande Premio Semana da Crítica, Premio FIPRESCI

2015 Festival de San Sebastián: Premios “Horizontes Latinos”, Premio da Xuventude, Premio Outra Mirada

2015 Premios da Academia Arxentina: Mellor Actriz, Mellor Guión Adaptado, Mellor Edición;

Mellor Son,  nominacións a Mellor Película, Mellor Director, Mellor Fotografía, Mellor Actor Novel, Mellor Actriz Novel, Mellor Maquillase,

2015 Premios Fénix: Mellor Actriz (Dolores Fonzi)

CRÍTICAS

“Podería disputarse con El Club de P. Larraín, ou con La profesora de parvulario de N. Lapid, a distinción á película máis (intelixentemente) provocadora do ano” Jordi Costa, (El País)

“O director converte en emocionante cine político, de profunda e complexa reflexión ética, unha intriga que a priori prometía ilustrar un simple suceso” Alberto Bermejo (El Mundo)

“Unha tensa fábula sobre a loita de clases e as perversións democráticas […] Paulina amosa a virtude da intelixencia política e metafórica” Carlos Reviriego (El Mundo)

“Para ser zarandeados sen piedade por un filme. O mellor: a agresividade do dilema que plantexa” Gerard A. Cassadó (Fotogramas)

“Paulina non sería unha película tan inspirada se non estivera case sempre en pantalla a faciana de Dolores Fonzi, a sua recreación da protagonista resulta portentosa” L. Bonet Mojica (La Vanguardia)

“Santiago Mitre danos unha lección de xusticia social”Andrea G. Bermejo (Cinemanía)