Continuamos coa programación dos ‘Sábados de Cine’ no Cineclub Bueu. Esta vez programamos a película francesa e multipremiada ‘Tomboy’. Como de costume en dous pases e coas cotas de socio habituais:

20:00 h (versión dobrada ao castelán) 

22:00h  (versión original subtitulada)

SINOPSE: 

Laure ten 10 anos e sinte que é un neno atrapada nun corpo de nena. Despois dunha mudanza chega a un novo barrio onde , debido ao seu aspecto e ao corte de pelo que leva, nun primeiro momento é confundida por un neno. O verán converterase nun gran parque infantil onde Laure convértese en Michael, un neno como calquera outro. Todos os nenos acólleno como a un raparigo máis e mesmo unha nena do grupo, Lisa, namórase del. Laure aprovéitase da súa nova identidade para divertirse coa súa nova vida, pero o final do verán e a volta ao colexio revelarán o seu segredo.

PREMIOS: 

2011 -Festival de Xixón: Premio do público (Sección Rellumes)
2011 – Festival de Berlin: Premio Teddy do Xurado
2011 -Festival Frameline San Francisco: Premio do público
2011 -Festival Bafici: FIPRESCI, premio do público e mellor actriz
2011 – Festival Gaze Dublin: Premio do público

 CRÍTICAS:

“Toda unha revelación, un lóstrego humano e humanista que merece ser visto” – CINEMANÍA

“Desposuída de todo artificio superfluo, a película de Céline Sciamma concentra a súa limpa mirada sobre a portentosa protagonista e a súa contorna, sen xulgar nin dar explicacións, deixando que todo flúa ante a cámara, configurando un bellísimo retrato e deixando que sexa o espectador o que se faga as preguntas e busque as súas propias respostas”. – METRÓPOLI

Tomboy logra unha delicada fusión entre a silenciosa elocuencia do seu protagonista, Zoe Heran, e a linguaxe sensorial empregado por Sciamma”. – EL PAÍS

tomboy2

Anuncios