Continuamos coa programación dos ‘Sábados de Cine’ no Cineclub Bueu. Esta vez programamos unha comedia, ‘O gran hotel Budapest’ de Wes Anderson (EE.UU, 2014). Como de costume en dous pases e coas cotas de socio habituais:

20:00 h (versión dobrada ao castelán)  

22:00h  (versión original subtitulada)

FICHA TÉCNICA

Título orixinal: The Grand Budapest Hotel

Estrea: 2014

Xénero: comedia, aventuras, anos 30

Director: Wes Anderson

Reparto: Ralph Fiennes, Tony Revolori, Saoirse Ronan, Bill Murray, Jude Law, Willem Dafoe, Tilda

Swinton, Harvey Keitel, Edward Norton, Jeff Goldblum, Adrien Brody, F. Murray Abraham, Mathieu

Amalric, Owen Wilson, Jason Schwartzman, Tom Wilkinson, Léa Seydoux e Bob Balaban.

Duración: 99 min

Idade: a partir de 12 anos

SINOPSE

Gustave H. , un lendario conserxe dun famoso hotel europeo de entreguerras, fai amizade con Zer Moustafa (Tony Revolori), un empregado ao que converte no seu protexido. A historia trata sobre o roubo e a recuperación dunha pintura renacentista de valor incalculable e sobre a batalla que enfronta os membros dunha familia por unha inmensa fortuna. Como fondo, os levantamentos que transformaron Europa durante a primeira metade do século XX.

 

PREMIOS

2014 Oscar á mellor banda sonora, dirección artística, vestiario e maquillaxe

2014 Globo de Ouro á mellor película

2014 Gran Premio do Xurado na Berlinale

Anuncios