O Cineclub Bueu non pecha en verán! Introducimos un cambio no horario para que os nos@s nos@s e simpatizantes poidan compatibilizalo coa praia, polo que movemos a proxección en versión dobrada para o domingo ás 22:00 horas, quedando como siempre a película en V.O.S.E nos 22:00 horas do sábado.

SÁBADO 2 DE XULLO 22:00h VOSE

DOMINGO 3 DE XULLO 22:00 VERSIÓN DOBRADA AO CASTELÁN

LUGAR: CENTRO SOCIAL DO MAR DE BUEU

COTA SESIÓN: 2€ (socios) / 3,50€ (non socios)

SINOPSE ‘45 YEARS’ – Andrew Haigh (UK, 2015)

Resta só unha semana para o 45º aniversario da súa voda, e Kate Mercer está moi atarefada cos preparativos da festa. É entón cando chega unha carta dirixida ao seu marido, na que se lle notifica que, nos glacieres dos Alpes suízos, apareceu conxelado o cadáver do seu primeiro amor.

PREMIOS

Premios Oscar: candidata a mellor actriz (Charlotte Rampling)

Festival de Berlín: mellor actor (Courtenay) e actriz (Rampling)

Premios do Cine Europeo: mellor actriz (Charlotte Rampling)

Festival Internacional de Valladolid – Seminci: mellor actriz (Charlotte Rampling)

Festival de Edimburgo: mellor film británico, mellor interpretación (Rampling)

 

CRÍTICAS 

“Cada plano é filmado dun xeito tan sincero e con tanto detalle que permite ir máis aló da superficie para, con toda a sinxeleza do mundo, chegar ao máis fondo” Luis Martínez (Diario El Mundo)

 

“Haigh segue a pescudar na linguaxe segreda do amor e do seu reverso a través da mirada íntima […] Película sutil, humanísima e desoladora” Jordi Costa (Diario El País)

 

“Prodixiode sutiliza, esta película sustentase no traballo espectacular de dous actores: o inefable Tom Courtnay e unha arrebatadora Charlotte Rampling” Antonio Weinrichter (Diario ABC)

 

“Diseccionarnos e quitarnos capas de tempo e memoria até que todo o vital fica exposto baixo o seu bisturí, iso é o que fai 45 years: ciruxía a corazón aberto” Jessica Kiang (Indiewire)

 

45Years_Still29

 

Anuncios