SÁBADO 4 DE FEBREIRO: ‘Langosta’ – Yorgos Lanthimos (Grecia, 2015)

Continuamos cos ‘Sábados de cine’, esta vez con  Langosta de Yorgos Lanthimos.

19:30h Versión Dobrada
22:00h Versión Orixinal Subtitulada (VOS)

SINOPSE
Unha historia de amor non convencional, ambientada nun mundo distópico, no que segundo as regras establecidas, os solteiros son arrestados e enviados a un lugar onde teñen que atopar parella no prazo de 45 días. O tema central é a soidade, o temor a morrer só, a vivir só, e tamén o temor a vivir con alguén.

FICHA
Título orixinal: The Lobster
Grecia, 2015
118 min
Director: Yorgos Lanthimos
Reparto: Colin Farrell, Rachel Weisz, Jessica Barden, Olivia Colman, Ashley Jensen, Ariane Labed, Angeliki Papoulia, John C. Reilly, Léa Seydoux, Michael Smiley, Ben Whishaw, Roger Ashton-Griffiths, Rosanna Hoult, Heidi Ellen Love
Guión: Efthymis Filippou, Yorgos Lanthimos

Premios
2015, Festival de Cannes: Premio do Xurado
2015, Premios do Cine Europeo: Mellor guión e deseño de vestiario
2015, British Independent Film Awards (BIFA): Mellor actriz secundaria (O. Colman)
2016, Críticos de Los Angeles: Mellor guión

Advertisements

SÁBADO 21 DE XANEIRO: ‘Irei a Darbo’ – Borja Brun (Galicia, 2015)

Proxección da curtametraxe ‘Irei a Darbo’, de romería un século despois con música e actuacións en directo.

O grupo Trébede da asociación cultural Peis d’hos, liderado polo bailarín e mestre de baile tradicional Miguel Sotelo, recreou unha romería a principios de século XX, partindo dun cadro do pintor Carlos Sobrino. Nela participaron un total de 18 actores e 145 extras que traballaron en conxunto, caracterizados a nivel de vestiario e atrezzo cun grande esforzo para poder ser o máis fieis posibles á época. Entre eles actores de recoñecida traxectoria como Celso Parada, María Salgueiro, Fran Paredes, Casilda Alfaro, Pepe Penabade, Miguel Ángel Blanco e Lois Soaxe entre outros, e membros de diferentes asociacións culturais da comarca do Morrazo e mesmo Pontevedra.

A produción conta cun guión de Santiago Cortegoso, a dirección artística de Miguel Sotelo e a realización de Borja Brun.
Contaron ademais, co asesoramento histórico-etnográfico e lingüístico de Xerardo Dasairas e Henrique Harguindey, persoas cunha ampla e recoñecida bagaxe neste eido, con material fotográfico da A Cepa Cangas e Luis Guimeráns e a colaboración de empresas da comarca así como doConcello de Cangas do Morrazo e da Deputación Pontevedra.

Este proxecto audiovisual sobre o noso patrimonio proxectarase o sábado 21 de xaneiro ás 20:30h no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu. A entrada é de balde ata completar aforo.

Estades todos convidados!

SÁBADO 7 DE XANEIRO: ‘Taxi Teherán’ – Jafar Panahi (Irán, 2015)

Sábados de Cine
19:30h Versión Dobrada / 22:00h VOSE
Cota: 2 € soci@s anuais / 4 € soci@s de sesión

FICHA
Título orixinal: Taxi Téherán
Irán, 2015
82 min
Director: Jafar Panahi
Reparto: Jafar Panahi, Hana Saeidi, Nasrin Sotudé
Guión: Jafar Panahi
Premios: Belinale 2015, Oso de Ouro á mellor longametraxe


SINOPSE
Un taxi percorre as rúas de Teherán, vibrantes e cheas de cor. Pasaxeiros moi diversos entran no taxi e expresan abertamente a súa opinión mentres parolan co condutor, que non é outro que o director do filme, Jafar Panahi. A súa cámara captura o espírito da sociedade iraniana a través desta viaxe.

 

MÉRCORES 4 DE XANEIRO: ‘Contrafaces’ – Fon Cortizo (Galicia, 2015)

Así foi a presentación de ‘Contrafaces’ no Cineclub Bueu.

 

+ INFO:
Sinopse
Unha poeta inicia unha viaxe interior ao descubrir que algúns dos seus poemas xa foran escritos en outros idiomas por un poeta islandés e unha poeta canadense.

Nota do director
“Contrafaces diverxe das liñas e estándares propios do documental aínda cando trata de documentar realidades. Realidades ás veces creadas, ás veces imaxinadas. Ficcións que se transforman en reais enchendo as páxinas dos libros.
Se o falso documental utiliza a retórica da non-ficción para contar historias ficticias, Contrafaces podería ser considerado un antidocumental ou contradocumental, documentando paisaxes interiores, ficcións feitas realidade, procesos creativos…
Unha mirada a como as linguas constrúen identidades tanto individuais como colectivas e como o proceso creativo se transforma nun proceso colaborativo no que as identidades dos autores rematan por diluírse.”

Ficha:


Galicia, 2015
74 min
Dirección: Fon Cortizo
Guión: Alex Cancelo, Fon Cortizo
Reparto: Elisa Sampedrín, Elías Knörr, Elías Portela, Iolanda Zúñiga, Chus Pato, Fran Alonso
Operador Cámara: Javier Álvarez
Música: David Regueiro
Produtora: A*sombra Cinema


<p><a href=”https://vimeo.com/145493360″>Contrafaces Teaser</a> from <a href=”https://vimeo.com/foncortizo”>Fon Cortizo</a> on <a href=”https://vimeo.com”>Vimeo</a&gt;.</p>