Arrancamos coa programación de ‘Cinemas Galicia’ que presentaremos ao longo deste mes ao completo da man do Concello de Bueu e de Agadic coa película de recente estrea ‘Mimosas’ de Óliver Laxe.

Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir ao patriarca moribundo á vila na que naceu, onde espera atopar ao fin repouso. A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño. Noutro lugar, se cadra noutra época, Shakib, bufón entre os taxistas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa cumprida a promesa da tribo.

Desorientados, terán que superar a neve, a persecución, o asalto e o rapto, mais nun xiro quixotesco, Shakib fará que «as mulas voen» para atravesar as infranqueables montañas e transformar coa súa fe o destino da expedición.

Aventuras / 96 minutos / 2016 / España, Francia, Marrocos, Qatar / Maiores 7 anos
Director: Oliver Laxe
Produtores: Felipe Lage Coro, Lamia Chraibi, Julie Gayet Con Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Saïd Aagli

Web: http://www.mimosasfilm.com/

“Intensa, marabillosa, esencial, a maior experiencia espiritual de Cannes” (Bande à Part)

Festivais e premios

Premio á mellor dirección e á mellor dirección de produción. Premios Mestre Mateo 2017
Gran Prix Nespresso. Semana da Crítica. Festival de Cannes 2016. Francia
Premio especial do xurado. Festival de Cine Europeo de Sevilla 2016.Golden Pyramid for Best Film e premio ao mellor actor. Cairo International Film Festival 2016. Exipto

 

Prezo da entrada: 3€

Anuncios