lobos-sucios-a3-poster-RGB

Advertisements

SÁBADO 22 DE ABRIL: ‘Mimosas’ – Óliver Laxe (España, Francia, Marrocos, Qatar / 2016)

Arrancamos coa programación de ‘Cinemas Galicia’ que presentaremos ao longo deste mes ao completo da man do Concello de Bueu e de Agadic coa película de recente estrea ‘Mimosas’ de Óliver Laxe.

Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir ao patriarca moribundo á vila na que naceu, onde espera atopar ao fin repouso. A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño. Noutro lugar, se cadra noutra época, Shakib, bufón entre os taxistas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa cumprida a promesa da tribo.

Desorientados, terán que superar a neve, a persecución, o asalto e o rapto, mais nun xiro quixotesco, Shakib fará que «as mulas voen» para atravesar as infranqueables montañas e transformar coa súa fe o destino da expedición.

Aventuras / 96 minutos / 2016 / España, Francia, Marrocos, Qatar / Maiores 7 anos
Director: Oliver Laxe
Produtores: Felipe Lage Coro, Lamia Chraibi, Julie Gayet Con Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Saïd Aagli

Web: http://www.mimosasfilm.com/

“Intensa, marabillosa, esencial, a maior experiencia espiritual de Cannes” (Bande à Part)

Festivais e premios

Premio á mellor dirección e á mellor dirección de produción. Premios Mestre Mateo 2017
Gran Prix Nespresso. Semana da Crítica. Festival de Cannes 2016. Francia
Premio especial do xurado. Festival de Cine Europeo de Sevilla 2016.Golden Pyramid for Best Film e premio ao mellor actor. Cairo International Film Festival 2016. Exipto

 

Prezo da entrada: 3€

VENRES 17 DE FEBREIRO: ‘En todas as mans’ – Diana Toucedo (Galicia, 2015)

Documental e conversa con Alberte Román, de Trespés Coop. Galega.

 
Sesión única 20:30h  VO en galego 
Cota: 2 € soci@s anuais / 4 € soci@s de sesión

 
SINOPSE:

 
Existe unha realidade que é de todas, e ao tempo de ninguén: os montes veciñais en mancomún. Esta forma de titularidade comunitaria asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego.

Hai trinta anos os seus lexítimos titulares, a veciñanza dos lugares, comezaron a recuperar a xestión dos montes veciñais; é tempo pois de realizar unha achega á súa situación actual a través das voces das xentes das comunidades e do ámbito académico. Xa que logo, unha ollada diversa, unha reflexión colectiva sobre o monte veciñal e o seu futuro.

Este documental pretende mostrar o mundo do monte veciñal, ao tempo, que sinala as potencialidades que ten como ferramenta válida para a xestión e custodia do territorio próximo. O filme é tamén un recoñecemento para as persoas que conforman as comunidades de montes, os comuneiros e comuneiras. Desexa estimular a súa participación e o orgullo por poder participar dun xeito de xestión do territorio propia, ao tempo que esa apreciación se expande ao conxunto da cidadanía galega.

SÁBADO 4 DE FEBREIRO: ‘Langosta’ – Yorgos Lanthimos (Grecia, 2015)

Continuamos cos ‘Sábados de cine’, esta vez con  Langosta de Yorgos Lanthimos.

19:30h Versión Dobrada
22:00h Versión Orixinal Subtitulada (VOS)

SINOPSE
Unha historia de amor non convencional, ambientada nun mundo distópico, no que segundo as regras establecidas, os solteiros son arrestados e enviados a un lugar onde teñen que atopar parella no prazo de 45 días. O tema central é a soidade, o temor a morrer só, a vivir só, e tamén o temor a vivir con alguén.

FICHA
Título orixinal: The Lobster
Grecia, 2015
118 min
Director: Yorgos Lanthimos
Reparto: Colin Farrell, Rachel Weisz, Jessica Barden, Olivia Colman, Ashley Jensen, Ariane Labed, Angeliki Papoulia, John C. Reilly, Léa Seydoux, Michael Smiley, Ben Whishaw, Roger Ashton-Griffiths, Rosanna Hoult, Heidi Ellen Love
Guión: Efthymis Filippou, Yorgos Lanthimos

Premios
2015, Festival de Cannes: Premio do Xurado
2015, Premios do Cine Europeo: Mellor guión e deseño de vestiario
2015, British Independent Film Awards (BIFA): Mellor actriz secundaria (O. Colman)
2016, Críticos de Los Angeles: Mellor guión

SÁBADO 21 DE XANEIRO: ‘Irei a Darbo’ – Borja Brun (Galicia, 2015)

Proxección da curtametraxe ‘Irei a Darbo’, de romería un século despois con música e actuacións en directo.

O grupo Trébede da asociación cultural Peis d’hos, liderado polo bailarín e mestre de baile tradicional Miguel Sotelo, recreou unha romería a principios de século XX, partindo dun cadro do pintor Carlos Sobrino. Nela participaron un total de 18 actores e 145 extras que traballaron en conxunto, caracterizados a nivel de vestiario e atrezzo cun grande esforzo para poder ser o máis fieis posibles á época. Entre eles actores de recoñecida traxectoria como Celso Parada, María Salgueiro, Fran Paredes, Casilda Alfaro, Pepe Penabade, Miguel Ángel Blanco e Lois Soaxe entre outros, e membros de diferentes asociacións culturais da comarca do Morrazo e mesmo Pontevedra.

A produción conta cun guión de Santiago Cortegoso, a dirección artística de Miguel Sotelo e a realización de Borja Brun.
Contaron ademais, co asesoramento histórico-etnográfico e lingüístico de Xerardo Dasairas e Henrique Harguindey, persoas cunha ampla e recoñecida bagaxe neste eido, con material fotográfico da A Cepa Cangas e Luis Guimeráns e a colaboración de empresas da comarca así como doConcello de Cangas do Morrazo e da Deputación Pontevedra.

Este proxecto audiovisual sobre o noso patrimonio proxectarase o sábado 21 de xaneiro ás 20:30h no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu. A entrada é de balde ata completar aforo.

Estades todos convidados!

SÁBADO 7 DE XANEIRO: ‘Taxi Teherán’ – Jafar Panahi (Irán, 2015)

Sábados de Cine
19:30h Versión Dobrada / 22:00h VOSE
Cota: 2 € soci@s anuais / 4 € soci@s de sesión

FICHA
Título orixinal: Taxi Téherán
Irán, 2015
82 min
Director: Jafar Panahi
Reparto: Jafar Panahi, Hana Saeidi, Nasrin Sotudé
Guión: Jafar Panahi
Premios: Belinale 2015, Oso de Ouro á mellor longametraxe


SINOPSE
Un taxi percorre as rúas de Teherán, vibrantes e cheas de cor. Pasaxeiros moi diversos entran no taxi e expresan abertamente a súa opinión mentres parolan co condutor, que non é outro que o director do filme, Jafar Panahi. A súa cámara captura o espírito da sociedade iraniana a través desta viaxe.

 

MÉRCORES 4 DE XANEIRO: ‘Contrafaces’ – Fon Cortizo (Galicia, 2015)

Así foi a presentación de ‘Contrafaces’ no Cineclub Bueu.

 

+ INFO:
Sinopse
Unha poeta inicia unha viaxe interior ao descubrir que algúns dos seus poemas xa foran escritos en outros idiomas por un poeta islandés e unha poeta canadense.

Nota do director
“Contrafaces diverxe das liñas e estándares propios do documental aínda cando trata de documentar realidades. Realidades ás veces creadas, ás veces imaxinadas. Ficcións que se transforman en reais enchendo as páxinas dos libros.
Se o falso documental utiliza a retórica da non-ficción para contar historias ficticias, Contrafaces podería ser considerado un antidocumental ou contradocumental, documentando paisaxes interiores, ficcións feitas realidade, procesos creativos…
Unha mirada a como as linguas constrúen identidades tanto individuais como colectivas e como o proceso creativo se transforma nun proceso colaborativo no que as identidades dos autores rematan por diluírse.”

Ficha:


Galicia, 2015
74 min
Dirección: Fon Cortizo
Guión: Alex Cancelo, Fon Cortizo
Reparto: Elisa Sampedrín, Elías Knörr, Elías Portela, Iolanda Zúñiga, Chus Pato, Fran Alonso
Operador Cámara: Javier Álvarez
Música: David Regueiro
Produtora: A*sombra Cinema


<p><a href=”https://vimeo.com/145493360″>Contrafaces Teaser</a> from <a href=”https://vimeo.com/foncortizo”>Fon Cortizo</a> on <a href=”https://vimeo.com”>Vimeo</a&gt;.</p>

XOVES 29 DE DECEMBRO: CINE PARA CATIV@S

Arracamos a programación de nadal coa proxección de ‘O principiño'(Mark Osborne, Francia, 2015) . Para nenas e nenos de todas as idades.

Entrada de balde coa colaboración do Concello de Bueu (programación completa de Nadal)

Non te perdas o resto da programación para estas Navidades:

MÉRCORES 4 DE XANEIRO / SEGUNDA PROXECCIÓN DO MES CINE EN GALEGO – CONTRAFACES – presentación CON FON CORTIZO, ELÍAS PORTELA E MÍRIAM FERRADÁNS

20:30h sesión única

VOSE 2€ SOCI@S 4€ NON SOCI@S

 

SÁBADO 7 DE XANEIRO / PROGRAMACIÓN SÁBADOS DE CINE – TAXI TEHERÁN – JEFAR PANAHI / IRÁN, 2015

19:30h Primeira sesión / Castelán

22:00h Segunda sesión / VOSE

2€ SOCI@S 4€ NON SOCI@S

 

SÁBADO 21 DE XANEIRO / SEGUNDA PROXECCIÓN DO MES CINE EN GALEGO –  IREI A DARBO – presentación CON BORJA BRUN E MIGUEL SOTELO

20:30h sesión única / VO GALEGO

ENTRADA DE BALDE

 

nadal

 

 ‘O principiño'(Mark Osborne, Francia, 2015)

Título orixinal: Le petit prince
País/ano: Francia, 2015
Duración: 106 min
Director: Mark Osborne
Reparto: Animación Stop-Motion
Guión: Irena Brignull (Novela: Antoine de Saint-Exupery)

SINOPSE: 

Para que todo saia ben na prestixioxa Academia Werth, a meniña e a súa nai múdanse a unha casa nova. A nena é moi seria e madura para a súa idade e planea estudar durante as vacacións seguindo un estricto programa organizado pola súa nai, pero os seus plans son perturbados por un veciño excéntrico e xeneroso. El ensínalle un mundo extraordinario onde todo é posible. Un mundo no que o Aviador topouse unha vez co misterioso Principiño. Entón comeza a aventura da pequena no universo do Principiño. E así descobre novamente a súa infancia e comprenderá que só se vé ben co corazón. O esencial é invisible aos ollos.

1473263347763