FILMOTECA

PRÉSTAMO DE PELÍCULAS

Alén do desconto na cota de mantemento de cada proxección, o Cineclub Bueu establece un sistema de préstamo de películas para as/os socias/os anuais. O numeroso arquivo de películas da asociación, cerca de 500 títulos en DVD e xa algúns Blu-Rays, está á vosa disposición.

Tras facerte socia/o anual recibirás un listado das películas dispoñibles. Para solicitar un préstamo (máximo 2 filmes/persoa) deberás:

  • Enviarnos un correo electrónico co asunto “Préstamo” e indicándonos no corpo do mail o(s) título(s) elexido(s).
  • A efectos de poder atender á túa petición, escríbenos antes do día da proxección á que vaias asistir e recoller os filmes no momento da entrada.
  • A devolución realizarase na proxección do seguinte mes. En caso de non ser posible, comunícanolo para atopar unha alternativa.

 

* Nun futuro non moi lonxano agardamos pór a colección á disposición da Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu.

Advertisements