FAITE SOCIO/A

O Cineclub Bueu contempla dúas modalidades de asociamento, o Anual e o de Sesión (ou Simpatizante) para sufragar a súa actividade.

Darte de alta coma Socia/o de Sesión é gratuíto e só require que cubras o formulario de embaixo cos teus datos e dirección de correo electrónico para recibires a nosa programación. Se optas por ser Socia/o Anual, ademais de descontos terás acceso á nosa filmoteca.

logos pequeño

A cota individual de Socia/o Anual é de 15 € por ano natural, é dicir, dende o 1 de xaneiro con validez ata o 31 de decembro. Noutro caso, a cota individual será de 1,25€/mes segundo a data de inscripción e con validez ata o 31 de decembro (p.ex. no mes de abril: 11,25 €).

No caso de que desexen facerse socias/os anuais varios membros do mesmo núcleo familiar, un deles pagará a correspondente cota individual anual e os demáis familiares só aboarán cada un unha cota fixa de 6 €/ano. (p.ex. para un alta en xaneiro: 2 persoas, 21 €, 3 persoas, 27 €; para un alta en abril: 2 persoas 17,25 €, 3 persoas 23,25 €). No caso de acollerse á cota familiar, cada membro do núclo familiar cubrirá o formulario indicando os nomes das/os outras/os socias/os da súa familia no recadro correspondente (e de telo, o seu correo electrónico)

Cando se asista as proxeccións, establécese ademais unha cota de mantemento por proxección, sendo de 2 € para as/os Socias/os Anuais e de 4 € para as/os socias/os de Sesión.

Para darse de alta como socios/as e poder asistir ás proxeccións, independentemente da modalidade de asociamento elixida, é preciso cubrir o formulario de embaixo. De preferirse o papel, pódese solicitar na entrada o día da proxección.

A cota de socia/o anual poderase aboar o día da proxección ou ingresala no número de conta de La Caixa ES20 0133 4730 7842 0000 2995, poñendo no concepto o nome da/o socia/o e lembrando igualmente cubrir a ficha na web.

Ante calquera dúbida, animámoste a nos consultar antes a través do correo electrónico cineclubueu@gmail.com.

 

FICHA DE SOCIA/O DO CINECLUB BUEU

 

Aos efectos previstos na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, sobre Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) infórmase que os datos personais proporcionados incorporaranse (ou actualizaranse) aos ficheiros do CINECLUB BUEU. A finalidade do tratamento dos datos será a de os xestionar  para a realización e comunicación das actividades desenvolvidas polo Cineclub Bueu. Tes dereito ao acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei, que poderá exercitar mediante correo electrónico a cineclubueu@gmail.com.

Advertisements